Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 11 de maio

10.00 h
No Palacio de Congresos, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, inaugura o Foro da Innovación no Emprego 2017, xunto coa concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, sobre asuntos da súa área.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deporte, Noa Morales, para presentar o Campionato provincial de Ximnasia Rítmica. Na rolda tamén estará Wendy Rey, presidenta do Club Viravolta Santiago, e José María Fernández, de Jael Joyería, patrocinador do evento.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, para presentar a actuación de acondicionamento do contorno da lagoa de Cornes.

17.45 h
Na Casa do Concello, recepción aos participantes no acto de entrega de premios Galicia Segura, que organiza a Fundación INADE, con motivo do día Mundial do Seguro.

19.00 h
No MUPEGA (San Lázaro), o concelleiro de Educación, Manuel Dios, asiste á ROLDA DE PRENSA de presentación do segundo encontro do proxecto educativo Regueifesta de improvisación oral en verso.

19.45 h
No Auditorio de Galicia, Conversando con Diego García Rodríguez, previo ao concerto das 20.30 h.

20.00 h
Na praza do 8 de Marzo, concentración en repulsa contra a violencia machista convocada pola Marcha Mundial das Mulleres.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, concerto de abono da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Diego García Rodríguez e con Krzysztof Chorzelski, viola.

20.30 h
No Teatro Principal, a compañía La Intrusa presenta ‘Mud Gallery. Animales de Hermosa Piel’, dentro do ciclo de Teatro&Danza.

Compartir: