Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 10 de maio

10.00 h
En Madrid, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese co presidente de Adif, Juan Bravo.

10.30 h
O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, visita a nova área de xogos infantís do Parque de Galeras.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, para presentar a cuarta edición de Caravaning Compostela. Na rolda tamén estarán Sara Castedo, adxunta á xerencia de Area Central; Manuel Ángel Fernández-Arruty, presidente da Asociación Galega de Autocaravanas; e David Abelenda, xerente de Autocaravanas Costa da Morte.

12.00 h
Na praza do Obradoiro, minuto de silencio polo neno asasinado en Oza-Cesuras.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira Noa Morales, para presentar o concerto de Los 40, dentro das Festas da Ascensión. Na rolda tamén estarán Jordi Jordá, director rexional da Cadena SER e Gabi Davila, coordenador rexional.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deportes, Noa Morales, para presentar o Campionato de España de Peso Galo de boxeo, que enfrontará ao actual campión, Moncho Mirás, co aspirante, Momen Mahdaj, o vindeiro venres. Na rolda tamén estará o boxeador Moncho Mirás; Manuel Diéguez, adestrador e presidente do club organizador; e Chano Planas, adestrador e mánager.

13.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes.

20.30 h
No Teatro Principal, concerto de Jesús Díaz, compositor da música de Mud Gallery, da compañía La Intrusa, que teremos o xoves no Teatro Principal.

Compartir: