Previsións informativas para o venres 7 de abril
11.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, preside o acto de celebración do Día Internacional do Pobo Xitano.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de goberno local.
12.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Desenvolvemento Económico, Marta Lois, sobre asuntos da súa área.
13.30 h
No Salón Verde, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, preside a Comisión técnica da ORA e o guindastre.
20.00 h
Na Igrexa da Universidade, ‘Descendat Nunc de Cruce’, espectáculo poético-musical co Grupo Ouriol e José Luis González Uriol, dentro do ciclo ‘De Lugares e Órganos’.
20.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Banda Xuvenil e Orquestra Sinfónica do CMUS, Conservatorio Profesional de Música de Santiago.
20.30 h
No Teatro Principal, concerto de Talabarte, que presentan o seu último traballo, ‘Fake’.