Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 4 de abril

10.00 h
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, acompaña o alumnado do IES Lamas de Abade na súa visita á ETAP.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e do director da Banda Municipal de Música, Casiano Mouriño, para presenta o Ciclo de Primavera que recolle os concertos da Banda para os meses de abril e maio.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, para presentar o Foro de Innovación para o Emprego (FIE) 2017.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Diversidades e Saúde, Concha Fernández, para presentar o espectáculo "Cerebro, artes e acción" dentro do proxecto Torre de Babel. Na rolda estarán o director de ASPANAES, Raúl Crespo, e membros do equipo artístico.

19.30 h
No LSC de Nemenzo, o concelleiro de Medio Rural e Reequilibrio Territorial, Rafael Peña, mantén un encontro coa veciñanza da zona sobre a regularización catastral. Ás 21.00 horas, no local social de Busto.

Compartir: