Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o domingo 30 de abril

10.00 h
No pavillón do Restollal, a concelleira de Políticas Sociais, Diversidades e Saúde, Concha Fernández, asiste á festa do Cachibol.

12.30 h
No Teatro Principal, "Día Internacional da Banda: BMSC & Escola de Música e Danza Alfaia", concerto da Banda Municipal de Música de Santiago dirixida por Casiano Mouriño.

19.00 h
No Auditorio de Galicia (Sala Mozart), "Cerebro, artes, acción", espectáculo a cargo de persoas con diversidade funcional que nos fala sobre as conexións neuronais e a complexidade e diversidade do cerebro humano, dentro do programa Torre de Babel. Entrada de balde ata completar aforo. Asiste a concelleira Concha Fernández.

20.00 h
No Teatro Principal, Atrás Tigre conversa con Lorena Álvarez y su Banda Municipal dentro do ciclo Compostela Convers, que ofrece un coloquio entre dous grupos e un posterior concerto de cada un deles.

Compartir: