Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 29 de abril

10.00 h
No Pavillón de Vite, a concelleira de Deporte, Noa Morales, asiste ao IV Torneo de Judo Anpa de Vite.

12.00 h
A partir desta hora e ao longo de toda a xornada, "Día da Danza na Rúa", unha iniciativa de Can Cun Quinqué que conta co apoio da Concellaría de Acción Cultural polo Día da Danza.

12.30 h
Na Alameda, a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, asiste á inauguración da XXXVI Feira do Libro Novo de Santiago de Compostela. O concerto inaugural corre a cargo da Banda Municipal de Música.

12.30 h
No Teatro Principal, obradoiro de Las Tricotouses para nenos e nenas a partir de 6 anos, previo ao seu espectáculo "Emoticores", que presentan ás 18.30 h dentro da programación da Concellaría de Acción Cultural polo Día da Danza.

16.30 h
No Multiúsos Fontes do Sar, a concelleira de Deporte, Noa Morales, asiste ao Torneo internacional de tenis de mesa España-Arxentina.

18.30 h
No Teatro Principal, a compañía Las Tricotouses presentan "Emoticores", espectáculo infantil dentro da programación da Concellaría de Acción Cultural polo Día da Danza.

19.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto do Ukelele Kit Project con Marem Ladson, dentro das actividades da MiiC, Mostra Internacional de ilustración Contemporánea. Unha hora antes, visita guiada á exposición previa reserva en exposicions@auditoriodegalicia.org.

20.30 h
No Paraninfo da Universidade, concerto do pianista Enrique Lapaz, dentro do ciclo "Música de Cámara nas Cidades Patrimonio da Humanidade de España".

Compartir: