Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 28 de abril

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da primeira tenente de alcalde, María Rozas, para presentar a XXXVI Feira do Libro de Santiago de Compostela. Na rolda tamén estarán Xosé Antón Pedreira, vicepresidente da Federación de Libreiros de Galicia, e Anxo Lorenzo, secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de goberno local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deporte, Noa Morales, para presentar a Copa Gallaecia futfem infantil. Na rolda tamén estará Javier García, vicepresidente da Federación Galega de Fútbol, e un representante do Victoria Fútbol Club.

19.30 h
No CSC do Castiñeiriño, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e os concelleiros do goberno municipal participan no terceiro Encontro ao Vivo. Neste caso coa veciñanza da zona URBANA SURESTE: Sar, Pontepedriña, Restollal, Lamas de Abade e Castiñeiriño.

20.30 h
No Teatro Principal, as compañías Cisma Danza e La Incidente D-T presentan "Absentia" dentro da programación da Concellaría de Acción Cultural polo Día da Danza.

Compartir: