Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 26 de abril

10.30 h
En Madrid, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese co ministro de Fomento, Íñigo de la Serna.

11.00 h
No Auditorio de Galicia, a Real Filharmonía de Galicia presenta "Pedro e o lobo", de S. Prokófiev, dentro do Programa Didáctico.

11.00 h
En Fonseca, a concelleira Marta Lois asiste á ROLDA DE PRENSA de presentación de VeranCampUSC 17.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deporte, Noa Morales, para presentar o partido internacional amigable de tenis de mesa que enfrontará á Selección Galega e á Selección Arxentina Sub-18. Na rolda tamén estará José F. Alborés, vicepresidente da Federación Galega de Tenis de Mesa.

20.00 h
Na Fundación Granell, a concelleira Noa Morales asiste á inauguración da exposición "Gotas de agua con Granell".

20.30 h
No Teatro Principal, "El Cartógrafo", de Juan Mayorga, dentro da programación de Teatro&Danza. Con Blanca Portillo e José Luis García-Pérez.

Compartir: