Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 25 de abril

9.30 h
No Hotel Los Abetos, a concelleira de Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, asiste á inauguración da xornada "Networking: a muller é empresa".

10.00 h
No CEIP Monte dos Postes, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, acompañado polo concelleiro de Educación, Manuel Dios, asiste ao primeiro concerto do 7º ciclo de sesións didácticas que a Escola Municipal de Música de Santiago vén realizando nos centros de ensino de educación infantil e primaria de Compostela.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para presentar a II edición do concurso #fotolingua.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo, Marta Lois, para presentar SantYaGo Peregrina, iniciativa da carreira nocturna SantYaGo para peregrinos. Na rolda tamén estará o presidente do Club de Atletismo Fontes do Sar, José Antonio Juanatey.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Educación, Manuel Dios, para presentar a unidade didáctica "O soño roto: educación, sociedade e política na Compostela republicana". Na rolda tamén estarán os seus autores, os profesores da USC Emilio Grandío e Alfonso Iglesias.

12.30 h
Na praza da Quintana, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, acompañado pola concelleira de Deporte, Noa Morales, asiste aos actos con motivo do Día da Educación Física na rúa.

18.30 h
Na Galería Sargadelos, sesión formativa aberta ao profesorado e ao público interesado a cargo de Antonio Sandoval, escritor, comunicador ambiental e ornitólogo baixo o título "A necesidade de naturalización do entorno escolar", dentro da XVII Campaña Municipal de Animación á Lectura "Unha última carta".

Compartir: