Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 21 de abril

10.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese cos presidentes das federacións galegas de Tenis de Mesa, José Alborés; Bádminton, Rodrigo Sanjurjo; e Squash, Carlos Noya. Declaracións ao remate (11.00 h, aprox).

10.35 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira Concha Fernández para presentar o programa de roteiros e charlas Entendendo a cidade. Na rolda tamén estará o guía Eduardo Sánchez.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
No Polígono da Sionlla (rúa da Comunidade Valenciana, 3), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á inauguración das novas instalación da ITV.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro secretario da Xunta de Goberno Local, Xan Duro, para dar conta dos asuntos tratados na última sesión.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA das concelleiras do grupo municipal de Compostela Aberta María Rozas e Marta Lois sobre asuntos de carácter local.

18.00 h
Na Biblioteca Ánxel Casal, a concelleira Concha Fernández asiste ao acto de celebración do I aniversario da Asociación de Amigos da Banda de Música de Santiago.

18.30 h
No CIAC (Belvís), obradoiro "Facendo as nosas casas máis sustentables: Paso I, control de consumos", no que se ensinarán diferentes xeitos de poder levar un control dos consumos de auga, enerxía e residuos no fogar. Esta actividade está dirixida a público adulto. É de balde pero é preciso inscribirse no teléfono 981543145 ou en ciac@santiagodecompostela.gal

20.00 h
No CSC da Rocha, o concelleiro de Educación, Manuel Dios, asiste ao acto de inauguración da exposición "As caras dos libros, os deseños das portadas nas obras de Carlos Casares".

20.30 h
No Teatro Principal, Contraproducións S.L. presenta ‘O tolleito de Inishmaan’ de Martin McDonagh dirixido por Cándido Pazó.

Compartir: