Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 19 de abril

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, para presentar o novo portal de transparencia e orzamentos.

11.30 h
No Museo das Peregrinacións, a concelleira Marta Lois asiste á presentación de Cultura no Camiño.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Igualdade, Marta Lois, para presentar o I Observatorio municipal de Igualdade de Xénero. Na rolda tamén estará Beatriz López, responsable do estudo.

Compartir: