Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 17 de abril

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde, Martiño Noriega, para dar conta do inicio da licitación do Servizo de Dinamización e Mediación Sociocultural da Rede de Centros Cívicos do Concello de Santiago.

DÍA DE SANTIAGO EN PADRÓN
13:00 h Recepción á Corporación de Santiago. Intercambio de bastóns de mando e de pendóns.
13:05 h Intervencións dos alcaldes de Santiago e de Padrón no salón de plenos do Concello de Padrón. Sinatura do alcalde compostelán no Libro de Ouro.
13:30 h Saída aos balcóns da Casa do Concello. Actuacións das bandas municipais de música de Santiago e de Padrón na praza de Macías.

Compartir: