Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 1 de abril

12.00 h
Na Galería Sargadelos, sesión de contos e música para todos os públicos dentro da XVII Campaña Municipal de Animación á Lectura.

14.00 h
No Polideportivo de Santa Isabel, a concelleira de Deporte, Noa Morales, asiste á entrega de premios do IV Torneo de Ximnasia Rítmica Viravolta.

14.30 h
No Centro Abanca (Praza de Cervantes), a concelleira de Políticas Sociais, Diversidades e Saúde, Concha Fernández, asiste á clausura do II Foro de Irmáns e Cuñados de Persoas con Discapacidade Intelectual organizado por FADEMGA.

16.00 h
Con saída da Igrexa da Universidade, Itinerario polos órganos da Universidade ou Compañía, San Paio e San Martiño Pinario, dentro do ciclo ‘De Lugares e Órganos’ da concellaría de Acción Cultural.

18.00 h
No Teatro Principal, a concelleira de Políticas Sociais, Diversidades e Saúde, Concha Fernández, asiste á II Gala Solidaria de Maxia organizada por Tierra de Hombres.

19.15 h
No Pavillón do Restollal, a concelleira de Deporte, Noa Morales, asiste á entrega de premios do Torneo Triangular de Fútbol Sala organizado pola S.D. Compostela de persoas xordas.

Compartir: