Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 9 de marzo

9.00 h
Na Cidade da Cultura (Edificio Cinc), a concelleira de Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, inaugura o I Foro Tex Atlántica.

10.15 h
Na sede do Consorcio, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, preside a Comisión Executiva do Consorcio da Cidade de Santiago. (SÓ GRÁFICOS). Enviarase nota ao remate.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, para presentar o proxecto Crónicas de Siria e o programa Contos no Espello. Estará acompañada polo escritor e músico Pepe Sendón.

12.00 h
No Hotel NH Obradoiro, o concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, participa no Congreso Carril Bus "Un novo modelo de transporte de viaxeiros para Galicia" coa ponencia "A situación do transporte urbano e suburbano de viaxeiros. O caso de Santiago de Compostela".

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Agustín Hernández, sobre asuntos de carácter local.

20.00 h
Na Igrexa da Universidade, a concelleira de Igualdade, Marta Lois, asiste á proxección do documental "Mulleres en Círculo, cabaña vermella work-in-progress".

20.30 h
No Teatro Principal, Producións Teatrais Excéntricas presenta a estrea de ‘A cabeza do dragón’ de Valle-Inclán, primeira vez que se representa un texto do autor en galego. Dirixida por Quico Cadaval e co propio Cadaval, María Costas, Iván Marcos, Yelena Molina, Víctor Mosqueira, Marcos Orsi, Josito Porto e Patricia Vázquez en escena. NOTA: Ao remate da función, haberá un coloquio co público de Quico cadaval e membros do elenco.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia, dirixida por Andrew Litton e con Stefan Jackiw, violín. Interpretan obras de Berlioz, Prokofiev e Scriabin.

Compartir: