Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 28 de marzo

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, acompañada do director do Instituto Galego do Viño, Xoán Cannas, e a directora da Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez, para presentar "Viñerón", feira vitivinícola que se celebrará o 1 de abril na Cidade da Cultura.

12.15 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese co presidente da Organización Médica Colexial de España, Serafín Romero Agüit, e cos membros da Comisión Permanente do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Médicos de España. (SÓ GRÁFICOS).

12.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, para presentar o proxecto de sinaléctica das árbores da Alameda. Na rolda tamén participarán Ismael Olveira, responsable do negocio de Serradoiro do Grupo FINSA, e Mª Julia Melgar, vicepresidenta da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago.

16.00 h
No Pazo de Raxoi, a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, reúnese con membros da Fundación Consello España-Australia.

18.30 h
Na Galería Sargadelos, o concelleiro de Educación e Cidadanía, preséntalle a XVII Campaña de Animación á Lectura ao profesorado dos centros escolares.

Compartir: