Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 10 de marzo

9.30 h
En Bertamiráns (Casa da Cultura) sesión do Club de Debate da Comarca de Santiago, na que compiten tres equipos do concello: IES da Pontepedriña, IES Antonio Fraguas e Compañía de María. Entrega de premios ás 18.50.

11.00 h
No Cersia, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao Congreso constituínte de UGT-FICA.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo, Marta Lois, e da presidenta da Asociación Hostelería Compostela, Sara Santos, para presentar a segunda edición de "Santiago Paixón Doce", programa para promocionar a gastronomía doce de Semana Santa que se celebrará do 7 ao 17 de abril.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal popular María Antón sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de goberno local.

13.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe a cónsul de Arxentina, Silvina Montenegro.

17.30 h
Na Sala Mozart do Auditorio de Galicia, a tenente de alcalde María Rozas asiste á inauguración do VI Congreso Nacional de Musicoterapia.

19.00 h
No Centro Sociocultural das Fontiñas, inicio do ciclo "Crónicas de Siria" coa presenza de Pepe Sendón, Marcos e Teira e Zaid, un exiliado sirio residente en Compostela

20.30 h
No Teatro Principal, Producións Teatrais Excéntricas presenta a estrea de ‘A cabeza do dragón’ de Valle-Inclán, primeira vez que se representa un texto do autor en galego. Dirixida por Quico Cadaval e co propio Cadaval, María Costas, Iván Marcos, Yelena Molina, Víctor Mosqueira, Marcos Orsi, Josito Porto e Patricia Vázquez en escena.

Compartir: