Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 25 de febreiro

11.30 h
No CSC das Fontiñas, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e membros do goberno municipal participan no primeiro Encontro ao Vivo. Neste caso coa veciñanza da zona Urbana Nordeste, que agrupa San Pedro, Belvís, Fontiñas, Viso, Camiño Francés, Monte dos Postes, San Lázaro e Amio.

12.00 h
Dentro das actividades do CIAC, roteiro polo parque de Belvís. Teléfono 981543145 ou ciac@santiagodecompostela.gal

FESTAS DO ENTROIDO 2017

20.00 h. Concentración na Praza de Cervantes e DESFILE DO MECO ata a praza do Toural pasando polas rúas Nova e do Vilar ata o Pazo de Bendaña, onde permanecerá ata o día 1 de marzo. Animación a cargo das comparsas OS CONFORMISTAS DE CONXO e A RULIÑA DE LARAÑO.
Praza do Toural.

20.30 h. SUBIDA DO MECO aos balcóns do Pazo de Bendaña. Pregón e espectáculo a cargo de AS FILLAS BRAVAS (Chévere).
Praza do Toural.

Compartir: