Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 17 de febreiro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Agustín Hernández, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro secretario da Xunta de Goberno Local, Xan Duro, para dar conta dos asuntos tratados na última sesión.

12.00 h
En Carrión de los Condes (Palencia), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á reunión da Xunta Directiva da Asociación de Municipios do Camiño de Santiago.

18.00 h
No Teatro Principal, a concelleira de Turismo, Marta Lois, asiste á presentación do libro que edita Teatro do Noroeste con motivo da celebración dos 30 anos da compañía.

20.30 h
No Teatro Principal, Teatro do Noroeste presenta ‘Estado de graza’, de Eduardo Alonso. Con Luma Gómez, Imma António, Manuela Varela e Nini True.

20.00 h
No CSC de Conxo, inauguración da exposición didáctica sobre "O Entroido de Conxo II. Os Conformistas", na que se mostra a través dunha selección de imaxes e texto os máis de 25 anos desta agrupación.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, concerto de Gabriela Montero, dentro do ciclo de piano Ángel Brage. Na primeira parte do concerto, interpretará a Schubert e Schumann; na segunda parte, improvisacións sobre temas solicitados polo público.

Compartir: