Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 9 de novembro

11.00 h
Na Cidade da Cultura, a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, asiste ao acto de celebración do 20 aniversario do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, do que forma parte o Concello de Santiago.

11.00 h
Na rúa da Rosa, nº36, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Desenvolvemento Económico, Marta Lois, visitan El In-Perfecto, un dos establecementos gañadores do concurso de publicidade comercial en galego. A continuación, visitan o outro premiado, a Praza de Abastos.

12.30 h
No Hostal, a concelleira de Turismo, Marta Lois, participa na ROLDA DE PRENSA de presentación do II Fórum do Camiño de Santiago, Fairway, que se celebra do 12 ao 14 de novembro no Pazo de Congresos. Estará acompañada polo deputado de Turismo da Deputación da Coruña, Xosé Regueira Varela, o director territorial de Correos, Ángel Pérez, e os codirectores do Fórum, Ana Trevisani, Manuel Oreiro e Tono Mugico.

13.00 h
Na Galería Sargadelos, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, inaugura o 2º Encontro Internacional de Cadernos de Viaxes "Compostela Ilustrada". Asisten tamén os artistas participantes. Programa completo: http://www.compostelailustrada.com/o-programa/

18.00 h
Na Sala Capitol, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao evento LX15 da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización Lingüística.

20.00 h
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, inaugura a Casa das mulleres "Xohana Torres" (rúa Bernardo Barreiro, 12-14). Programa:
18.00 h A hora das poetas. Nós tamén navegar: Ana Romaní, Rosalía Fernández Rial, Marilar Aleixandre, Luz Fandiño.
18.45 h A hora das activistas. Unha casa de todas e para todas: micro aberto para colectivos feministas e de mulleres
19.30 h A hora da memoria das mulleres. Aurora Marco, Encarna Otero e Lola Ferreiro
20.00 h Inauguración:
Martiño Noriega Sánchez, alcalde de Santiago
Marta Lois González, concelleira de Igualdade
Andrea Ellacuría Torres, filla de Xohana Torres
20.30 h Presentación do vídeo "As donas dos mapas" (Illa Bufarda)
20.45 h A hora da festa. DJ Alba Cociña

20.30 h
No Auditorio de Galicia, sesión Cineuropa. A Real Filharmonía de Galicia pon banda sonora en directo aos filmes Carmen de Cecil B. DeMille e A Burlesque On Carmen, de Charles Chaplin. Entrada a 12 euros cos descontos do 50% habituais.

XIV SIMPOSIO O LIBRO E A LECTURA. Libro ilustrado: outra forma de ler?
10:30 h. Conferencia: Ana Garralón. Os albums que contan o mundo.
Presenta Ana Guerra, secretaria da AGE.
12:00 h. Mesa redonda: Editar libro ilustrado.
Modera Enrique Alvarellos, vicepresidente da AGE.
- Magdalena Matoso, de Planeta Tangerina.
- Diego Moreno, de Nórdica Libros.
16:30 h. Mesa Redonda: Olladas ilustradas.
Modera Paz Castro, de Kalandraka Editora
- Xosé Cobas.
- Ester García.
- Carlos Silvar.
18:30 h. Conferencia: Teresa Duran. Os tres fillos do tsar. A lectura da imaxe, hoxe.
Presenta Fran Alonso, de Edicións Xerais de Galicia.

CINEUROPA

Compartir: