Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 27 de novembro

11.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe un grupo de arquitectos e expertos da cidade ecuatoriana de Quito que están en Santiago para coñecer os traballos de rehabilitación e xestión do centro histórico.

11.05 h
Na Casa do Concello ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, para presentar "Vida máis ca Vida", proxecto nado para romper barreiras e estereotipos, que se proxectará o 3 de decembro no Teatro Principal con motivo do Día Internacional das Discapacidades. Na rolda estará o seu director, Ruben Riós.

11.30 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese con representantes de Compostela Solidaria.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, visita o Museo do Pobo Galego, acompañado polo presidente do Padroado, Justo Beramendi, e o director do Museo, Carlos García.

12.30 h
No Colexio de San Xerome, a concelleira de Igualdade, Marta Lois, asiste ao acto convocado pola USC polo Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres.

20.00 h
No Auditorio de Galicia, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, preside o acto de entrega do X Premio Auditorio de Galicia para novos artistas.

Compartir: