Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 9 de xaneiro

10.30 h
No CEIP Quiroga Palacios, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, visita o alumnado de Educación Infantil que participou no concurso "Cartas de Nadal". (SÓ GRÁFICOS).

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Agustín Hernández, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para presentar a campaña "Teño un museo", promovida polo Museo do Pobo Galego. Na rolda tamén estarán Justo Beramendi, presidente do Padroado do Museo, e Tino Viz, fotógrafo e representante dos socios e socias do Museo.

Compartir: