Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 31 de xaneiro

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deporte, Noa Morales, para presentar a Copa de España Infantil de Judo - IX Trofeo "Cidade de Santiago". Na rolda estará acompañada do presidente da Federación Galega de Judo, Mario Muzas.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo, Marta Lois, para presentar o III Desfile dos Imperial Stormtroopers en Santiago. Na rolda tamén estarán Manuel Ángel Gayoso e Andrés Torreiro, da organización do evento.

17.00 h
Na Casa das Asociacións de Benestar Social (Salgueiriños), a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, preside o Consello Municipal da Saúde.

20.00 h
Na praza 8 de marzo, concentración de condena do último asasinato machista convocada por varios colectivos feministas.

21.30 h
No Teatro Principal, ‘Yo en el futuro’ de Federico León, dentro do festival Escenas do Cambio.

Compartir: