Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 28 de xaneiro

11.00 h
No Palacio de Congresos, a concelleira Marta Lois visita a IV Feira de Antigüidades, Coleccionismo e Vintage.

20.30 h
No Teatro Principal, A Berberecheira de Chévere presenta ‘Goldi libre', autorretrato dun insubmiso preso nos cárceres de Felipe González, dentro do ciclo de Teatro&Danza da concellaría de Acción Cultural. Con dirección de Xesús Ron.

Compartir: