Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 27 de xaneiro

10.30 h
Na Porta do Camiño, os concelleiros do grupo municipal popular Alejandro Sánchez-Brunete e María Antón manteñen un encontro cos medios de comunicación.

10.30 h
Na Deputación da Coruña, a concelleira de Benestar Animal, Noa Morales, e o deputado provincial de Infraestruturas Viarias, Viais, Obras e Medio Ambiente, José Manuel Pequeño Castro, asinan un convenio entre a Deputación da Coruña e a Fundación Refuxio de Animais de Bando para o cofinanciamento dos gastos do Refuxio.

11.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe a ministra de Cultura da República Árabe Saharauí Democrática, Jadiya Hamdi.

12.00 h
Na Praza do Obradoiro, minuto de silencio con motivo do Día Internacional en Memoria das Vítimas do Holocausto, en virtude do acordo adoptado polo Pleno da corporación municipal na súa sesión ordinaria do 19 de xaneiro de 2017.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de goberno local.

13.30 h
En San Martiño Pinario, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, preside o acto de inauguración do II Simposio de Biopsia Líquida.

19.30 h
No auditorio da Obra Social Abanca na Praza de Cervantes, o concelleiro de Educación, Manuel Dios, asiste ao acto de entrega do Premio Portapaz ao Foro Galego de Inmigración.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Pierre Dumoussaud e con Tasso Adamopoulos, viola. Interpretan ‘Harold en Italia’ de Berlioz e a sinfonía número 4 de Mendelssohn.

20.30 h
No Teatro Principal, A Berberecheira de Chévere presenta ‘Goldi libre', autorretrato dun insubmiso preso nos cárceres de Felipe González, dentro do ciclo de Teatro&Danza da Concellaría de Acción Cultural. Con dirección de Xesús Ron.

Compartir: