Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 26 de xaneiro

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

11.00 h
No Teatro Principal, ROLDA DE PRENSA do concelleiro Manuel Dios para presentar a obra Goldi Libre. Na rolda tamén estarán o director, Xesús Ron, e o actor César Goldi.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Rural, Rafael Peña, sobre asuntos da súa área.

14.00 h
No Centro Social Abanca (praza de Cervantes), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á clausura do seminario "Modernización dixital das administracións públicas", organizado pola Fundación Socinfo.

Compartir: