Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 25 de xaneiro

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, para presentar a IV Feira de Antigüidades, Coleccionismo e Vintage. Na rolda tamén estará o organizador, Ángel Moix.

12.00 h
No Reitorado, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o reitor da USC, Juan Viaño, asinan un convenio de colaboración para o acondicionamento do campo de fútbol do Campus Vida.

19.30 h
Na Fundación Torrente Ballester, o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio, Martiño Noriega, presenta o libro "Os últimos carballos do banquete de Conxo".

Compartir: