Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 24 de xaneiro

10.00 e 12.00 h
No Teatro Principal, Títeres Cachirulo presenta ‘O libro da selva’ dentro da programación didáctica de teatro. Con dirección de Jorge Rey.

11.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese co presidente do Club Atletismo Santiago, Alfonso López.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Educación, Manuel Dios, para presentar os actos con motivo do Día Escolar da Non Violencia e da Paz

Compartir: