Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 23 de xaneiro

10.00 e 12.00 h
No Teatro Principal, Títeres Cachirulo presenta ‘O libro da selva’ dentro da programación didáctica de teatro. Con dirección de Jorge Rey.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Educación, Manuel Dios, para presentar o programa educativo de visitas á ETAP e EDAR "Aquoloxía".

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleira do grupo municipal popular María Corral sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para presentar o Santiautor 2017. Na rolda tamén estarán Suso Peón, director do festival; Miguel Lueiro, director artístico; e a cantante Rosa Cedrón.

19.00 h
Na Cidade da Cultura, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao acto de entrega dos premios Cultura Galega 2016.

Compartir: