Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 20 de xaneiro

FITUR
10.00 h
No Stand de Galicia, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, acompañado pola concelleira de Turismo, Marta Lois, recolle o premio Online Reputation Awards 2017 a Santiago de Compostela.
A continuación, no stand de Extremadura, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á reunión da Asemblea Xeral do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España.

11.30 h
No Stand de Galicia, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á recepción ofrecida polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.

12.30 h
No Stand de Iberia, o alcalde asiste ao acto de sinatura do convenio entre o Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España e Iberia.

13.00 h
No Stand de Galicia, o alcalde asiste á presentación das Festas de Interese Turístico de Galicia.

13.30 h
Visita ao stand de Turespaña

13.45 h
Visita á StartUp Santiago Wimbag

-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deporte, Noa Morales, para presentar o XI Open Compos de Esgrima. Na rolda tamén estará Xosé Piñeiro, presidente da Asociación Compostela Esgrima.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro secretario da Xunta de Goberno Local, Xan Duro, para dar conta dos asuntos tratados na última sesión.

19.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Fonseca, o concelleiro Xan Duro asiste ao acto de celebración da festividade de San Raimundo de Peñafort.

20.30 h
No Teatro Principal, eme2 presenta "Get Back", de Diego Ameixeiras e con dirección de Jorge Coira, dentro do ciclo Teatro&Danza da concellaría de Acción Cultural. Con Alfonso Agra, Tamara Canosa, Mercedes Castro, Miguel Guido e Federico Pérez.

Compartir: