Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 12 de xaneiro

11.00 h
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, visita as obras realizadas no CEIP Monte dos Postes.

11.30 h
No Hostal dos Reis Católicos, a concelleira de Políticas Socias, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, asiste á inauguración da terceira edición do programa Yo me prep@ro, de Down España e Fundación Vodafone.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

Compartir: