Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 9 de novembro

09.30 h
A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, visita a sede de Down Compostela.

12:00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Centros Socioculturais, Xan Duro, para presentar o programa de actividades matinais de Nadal da Rede de CSC.

20.00 h
No Teatro Principal, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmatín, asiste á inauguración da 37ª edición do Festival Internacional Cineuropa, seguida da proxección do filme ‘Puan’. Desde as 19:30 haberá instalado un photocall por onde irán pasando todas as persoas convidadas.

20.30 h
Na Sala Ángel Brage do Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia ‘Le grand Tour’, dirixido por Aarón Zapico. Antes do concerto, ás 19.45 horas na Sala Mozart, sesión ‘Conversando con…’ Aarón Zapico.

Compartir: