Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 8 de novembro

11.00 h
Na Casa do Concello, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, recibe o arquitecto David Alan Chipperfield, Premio ConCiencia e Premio Pritzker 2023, que asinará no Libro de Honra da cidade.

11:30
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao, para presentar as Xornadas de Ilustración Urbana 2023. Na rolda tamén intervirá Gemma Sesar, coordinadora das Xornadas.

19.00 h
No Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participa na conferencia-coloquio que impartirá David Alan Chipperfield, Premio ConCiencia e Premio Pritzker 2023, no marco do Programa de divulgación científica 2023 ConCiencia. Tamén participará o reitor da USC, Antonio López.

Compartir: