Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 7 de novembro

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, para presentar a campaña 25N. A rexedora estará acompañada de Teresa Furelos, xefa de Servizo da Área de Acción Social, e de Pilar Abades e Sabela Iglesias, creativas na produtora Illa Bufarda, responsables da campaña.

12:00
Na Casa do Concello de Teo (Travesía da Ramallosa, 38), a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participa na rolda de prensa de presentación da campaña "É túa, pásaa!", da Asociación de Entidades Locais pola Lingua Galega - Alingua.

13.30 h
Na Consellería de Infraestruturas e Mobilidade (Complexo Administrativo San Caetano), a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, o concelleiro de Mobilidade, Xan Duro, e o concelleiro de Urbanismo, Iago Lestegás, reúnense co conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, para falar sobre a humanización e a ordenación da mobilidade no marco das obras de ampliación do CHUS. GRÁFICOS AO INICIO DA REUNIÓN.

Compartir: