Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 4 de novembro

11.00 h
Na estación de tren de Santiago, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, colle o tren para asistir en Vilagarcía aos actos de conmemoración do 150 aniversario da primeira liña ferroviaria galega Cornes-Carril. Fotografía á entrada da estación ás 10:45 horas.

12.00 h
En Vilagarcía (Av. Rosalía de Castro, 100), a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participa na inauguración do Museo Ferroviario MUFEVI de Carril, no marco dos actos conmemorativos do 150 aniversario da primeira liña ferroviaria galega Cornes-Carril.

13.15 h
Na Cidade de Cultura, o concelleiro Xesús Domínguez, asiste ao acto inaugural do "I Congreso Multidisciplinar de Profesións Técnicas Sanitarias de Grado Superior, organizado polo Colexio Profesional de Hixienistas Dentais, a Asociación de Técnicos Superiores Sanitarios, e o Colexio Oficial de Protésicos Dentais.

Compartir: