Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 30 de novembro

9.00 h
Na rúa do Escultor Asorey (cruce coa travesía do Escultor Asorey), o concelleiro de Mobilidade, Xan Duro, acompaña os nenos e nenas que participan no programa Colecamiños, que comeza a súa implantación no CEIP López Ferreiro.

10.00 h
Pleno ordinario
No Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.
1. SECRETARÍA XERAL. Referencia: 2023/00050342E.
Aprobación, se procede, da acta correspondente á sesión ordinaria do 26 de outubro de 2023.
2. ALCALDÍA. Referencia: 2023/00050389T.
Aprobación, se procede, do adianto ao 21 de decembro de 2023 da sesión ordinaria do Pleno da Corporación.
3. PLANEAMENTO. Referencia: 2023/00049495A.
Aprobación inicial da modificación puntual do PXOM e do PE-1 no ámbito da parcela EM-FE (O Espiño).
4. XESTIÓN URBANÍSTICA. Referencia: 2022/00037624G.
Aprobación definitiva da modificación puntual (MP) do Plan parcial do SUNP-7 (O Avío).
5. OFICINA ORZAMENTARIA E CONTABILIDADE. Referencia: 2023/00044754T.
Aprobación de expediente de crédito extraordinario 2023-CREXT-09, de importe 424.000,00 €, e de suplemento de crédito 2023-SUPLE-07, de importe 278.217,38 €, para atender necesidades de achega municipal para o desenvolvemento de diversas actuacións enmarcadas nos programas da Deputación POS, financiado con baixas por anulación.
6. OFICINA ORZAMENTARIA E CONTABILIDADE. Referencia: 2023-REC-13.
Aprobación de expediente de recoñecemento extraxudicial de créditos para aprobar unha parte dos gastos rexistrados na conta 413 e outros gastos por importe total de 40.592,89 euros.
7. TESOURERÍA. Referencia: 2023/00008698D.
Aprobación da modificación da ordenanza 1.03 Reguladora do Imposto sobre o aumento de valor dos terreos de natureza urbana.
8. XESTIÓN TRIBUTARIA. Referencia: 2023/00006168D.
Denegación de bonificación no imposto de construcións, instalacións e obras por obras de especial interese ou utilidade municipal.
9. CIRCULACIÓN E SEGURIDADE CIDADÁ. Referencia: 2023/00030363F.
Estimación parcial de recurso de reposición interposto por TRALUSA "Autobuses Urbanos de Lugo e Trap, SA", e aprobación do expediente de recoñecemento extraxudicial de crédito na liquidación pola prestación do servizo de transporte urbano colectivo de 2022.
10. CIRCULACIÓN E SEGURIDADE CIDADÁ. Referencia: 2022/00051244P.
Levantamento de reparo e aprobación de expedientes de recoñecementos extraxudiciais de crédito polos gastos de renovación de vehículos do servizo de transporte urbano colectivo.
11. Proposición presentada polo grupo municipal do PP para a retirada do radar de Conxo.
12. Proposición presentada polo grupo municipal do PP para a elaboración dunha axenda deportiva de divulgación de todas as actividades do deporte que se celebren en Santiago.
13. Proposición presentada polo grupo municipal do PSdeG-PSOE relativa á creación dunha bolsa de aparcamento en superficie en Xoán XXIII.
14. Tomar coñecemento de resolucións da alcaldía, das concellarías delegadas e actas da Xunta de Goberno Local.
15. Comparecencia do concelleiro delegado de urbanismo.
16. Solicitude presentada polo grupo municipal do PP de comparecencia da Alcaldesa.
17. Rogos, preguntas e interpelacións.
Rogos:
1.- Formulado polo PSdeG-PSOE relativo ao mantemento e limpeza das zonas verdes na rúa Manuel Beiras.
2.- Formulado polo PSdeG-PSOE relativo á substitución do panel das lavandeiras sito na rúa Galeras.
3.- Formulado polo PSdeG-PSOE para que se realice un mantemento periódico de limpeza e desbroce da contorna de San Lázaro.
Preguntas orais:
1.- Formulada polo PP en relación a expediente á empresa URBASER.
2.- Formulada polo PP sobre os fondos do POS.
3.- Formulada polo PP sobre novo contrato para dinamizar e coordinar a casa Xohana Torres.
4.- Formulada polo PSdeG-PSOE relativa á iluminación do parque en Belvís.
18. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos políticos municipais:
1.- Presentada polo PSdeG-PSOE relativa aos ataques ás sedes socialistas.
2.- Presentada polo PP para a realización de diversas actuacións que melloren os servizos dos vecinos do Rial de Conxo.
3.- Presentada polo PP para a mellora da sinalización de monumentos, establecementos turísticos e trazados do camiño de Santiago na cidade.
4.- Presentada polo PP para a reactivación do programa do banco do tempo.
5.- Presentada polo PP para a adopción de medidas de dinamización dos locais comerciais baleiros e para o evitar o peche doutros.
6.- Presentada polo PSdeG-PSOE relativa á construción dunha instalación externa na cociña económica, na praza Irmán Gómez, para protexer da chuvia e da calor ás persoas usuarias do centro.
7.- Presentada polo PSdeG-PSOE relativa ao campo de fútbol "Suso Conde" de Villestro.
8.- Presentada polo BNG, PSdeG-PSOE e CA para instar á Xunta a asumir o investimento do novo aparcadoiro do CHUS e a mellora da mobilidade no recinto do SERGAS.
9.- Presentada polo BNG, PSdeG-PSOE e CA para solicitar o cumprimento da iniciativa Xabarín, aprobada por unanimidade no Parlamento Galego.
10.- Presentada polo BNG, PSdeG-PSOE e CA relativa a equiparar real e efectivamente as persoas menores en acollemento familiar á condición de "fillo/a" e o recoñecemento de familias de especial protección ás familias acolledoras.

19.00 h
No Auditorio de Galicia, estrea do documental "50º aniversario da escola infantil Raiola".

19.30 h
No Cersia, charla a cargo de varios responsables de Protección Civil das Illas Canarias sobre a xestión e os efectos da erupción volcánica na Illa da Palma. Aberta ao público.

19.30 h
No Centro Internacional de Prensa de Galicia (Rúa Nova, 9), o Consorcio de Santiago e a editorial Guiverny presentan o libro ’Sagas empresariais de Santiago’, do que Miguel Cabo e Rafael García Ferreira son os editores.

20.00 h
No CSC Maruxa e Coralia, Gala por Palestina ‘Poesía contra a barbarie. A voz da muller palestina’.

Compartir: