Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 25 de novembro

20.00 h
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, María Rozas, participan na manifestación con motivo do 25N, Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra as Mulleres, con saída desde a praza do 8 de marzo.

20:30 h
No Pazo de San Lourenzo, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participa na XVII Gala de Nadal a favor da Fundación Andrea.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, representación de Síbaris, da compañía Condetrespés. Dirixida por Lois Araúxo Blanco, a peza conta no elenco con José Carlos Blanco Vila, María Belén Martínez Constenla, Oswaldo Digón Alba e Pablo Novoa Cid

21.00 h
No Teatro Principal, a concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao, asiste á gala de clausura da 37 edición de Cineuropa e entrega dos premios do xurado oficial, do xurado novo e o premio do público.

CINEUROPA 37
Toda a información en cineuropa.gal

Compartir: