Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 23 de novembro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos/as voceiros/as dos grupos municipais BNG, Míriam Louzao; Compostela Aberta, María Rozas; e PSdeG-PSOE, Gonzalo Muíños, sobre asuntos de carácter local.

11.00 h
Na Zona C, obradoiro sobre curadoría fílmica con Valentina Otormin Dall'Oglio, ao abeiro da 37ª edición de Cineuropa. De balde previa inscrición na web de Compostela Cultura.

19:30 h
No Teatro Principal, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e a concelleira de Capital Cultural, asisten á Gala do Premio Cineuropa á actriz Ana Torrent.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia ‘O son que latexa’. Baldur Brönnimann dirixe a orquestra neste recital que conta coa participación do alumnado da EAEM.

CINEUROPA 37
Toda a información en cineuropa.gal

Compartir: