Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 21 de novembro

11:00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, María Rozas, e do concelleiro de Centros Socioculturais, Xan Duro, sobre asuntos das súas respectivas áreas.

11.00 h
Na praza Rodríguez Cadarso, o concelleiro de Sustentabilidade Ambiental, Xesús Dominguez, asiste ao acto de presentación do Tour universitario Ramón y Cajal, organizado polo FECYT Ministerio de Ciencia e Dacia.

12.15 h
No Salón Nobre, recepción á embaixadora de Turquía en España, Dª. Nüket Küçükel Ezberci, que asinará no Libro de Honra do Concello.

17:30 h
No Hostal dos Reis Católicos, a alcaldesa, Goretti Sanmartín, participa no acto de entrega dos recoñecementos Meninas 2023.

19.30 h
No Centro Sociocultural da Rocha, a alcaldesa, Goretti Sanmartín, e o concelleiro de Urbanismo, Iago Lestegás, participan no acto de presentación das obras de intervención na contorna do Castelo da Rocha, financiadas con fondos FEDER, no marco do programa EDUSI.

CINEUROPA 37
Toda a información en cineuropa.gal

Compartir: