Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 20 de novembro

11.00
No Salón Nobre, a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, preside entrega dos diplomas ao alumnado do Obradoiro de Emprego "Innobosque".

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno local.

12.00 h
Na praza do Obradoiro, minuto de silencio polos nenos, nenas e adolescentes, vítimas do conflito en Gaza, convocado polo Concello de Santiago e FANPA Compostela, con motivo do Día Mundial da Infancia.

12.15 h
Na Casa do Concello, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, María Rozas, participan nun pleno infantil con alumnado do CEIP Quiroga Palacios, con motivo do Día Mundial da Infancia.

CINEUROPA 37
Toda a información en cineuropa.gal

Compartir: