Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 2 de novembro

10:00 h
No Palacio de Congresos de Galicia (sala Compostela), a concelleira de Turismo, Míriam Louzao, participa na conferencia inaugural: "Economía Circular e Sostibilidade" do Fairway - V Fórum do Camiño de Santiago.

10.30 h
Na Casa do Concello, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, mantén unha xuntanza coas asociacións de hostalaría da cidade. (ENVIARASE NOTA E FOTO).

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos concelleiros do grupo municipal popular Borja Rubio e Olaya Otero sobre asuntos de carácter local.

13.30 h
Na Alcaldía, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, mantén unha xuntanza co alcalde de Tanabe, Mitsutoshi Manago, e a delegación que o acompaña.

19.00 h
No Museo do Pobo Galego, o Consorcio de Santiago presenta o libro ‘Anatol e dous máis’, de Blanca Riestra e coeditado con Galaxia. Asiste a presidenta do Consorcio e alcaldesa da cidade, Goretti Sanmartín.

Compartir: