Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o domingo 19 de novembro

12.00 h
No Teatro Principal, concerto da Banda Municipal de Música de Santiago ao abeiro do festival Cineuropa. David Fiuza dirixe a formación musical neste recital titulado ‘Dende a loucura do cinema’. A entrada é de balde previa retirada de convites na Zona C.

19.15 h
No Teatro Principal, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, asiste á Gala do Premio Cineuropa ao director portugués Joao Canijo, seguido da proxección do seu filme ‘Mal Viver’. Entrada de balde previa retirada de convites que estarán dispoñibles a partir do venres 17 ás 11 horas.

CINEUROPA 37
Toda a información en cineuropa.gal

Compartir: