Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 18 de novembro

10.30 h
No Salon de Plenos do Ayuntamiento de Alcalá de Henares, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participa na Asamblea do Grupo de CIdades Patrimonio da Humanidade de España.

12.00 h
Na praza de Galicia, a alcaldesa en funcións, Míriam Louzao, participa no acto de izado da bandeira galega con motivo do 105 aniversario da I asemblea nacionalista.

19.00 h
No CGAC, o festival Cineuropa programa unha sesión especial en homenaxe a Jorge Semprún con motivo do centenario do seu nacemento. Carme Claudín, colaboradora e amiga do artista preside unha mesa redonda arredor da figura do autor na que tomarán parte o historiador José Manuel Sande e o director do festival José Luis Losa. A partir das 20.00 horas proxectarase o filme, As dúas memorias, a unica película dirixida por Semprún que conta coa voz en off do director Costa-Gavras. A asistencia é de balde previa retirada de convites na web de Compostela Cultura.

CINEUROPA 37
Toda a información en cineuropa.gal

Compartir: