Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 16 de novembro

12:00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, para presentar a nova convocatoria do programa de Bonos Corazón Compostela.

12:30 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, acto de entrega do XVI Premio de Álbums Ilustrados a Núria Figueras e Anna Font, pola súa obra ‘A visita’.

16.30 h
Na Zona C, obradoiro sobre o canon cinematográfico conducido por Carlos Losilla, un dos membros do Xurado Oficial da 37 edición de Cineuropa. A actividade é de balde previa inscrición a través da web de Compostela Cultura.

17.30 h
No Salón Nobre do Pazo de Fonseca, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, asiste á inauguración da 84ª Asemblea Xeral da Conferencia Nacional de Decanas e Decanos de Facultades de Medicina Españolas.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, concerto especial da Real Filharmonía de Galicia no marco do festival Cineuropa. Timothy Brock dirixe a orquestra á fronte dun programa titulado ‘O inmigrante’, que inclúe a proxección do filme homónimo de Charles Chaplin coa música da RFG.

CINEUROPA 37
Toda a información en cineuropa.gal

TALENTIA SUMMIT’23
Toda a información en talentiasummit.com

Compartir: