Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 15 de novembro

10:00 h
No Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participa na XI Asemblea Xeral da FEGAMP.

11:00 h
Na Igrexa de San Domingos de Bonaval, a concelleira de Relacións Veciñais e Rural, Pilar Lueiro, asiste á entrega de premios da 14ª edición dos Premios ao Desenvolvemento Rural de Galiza.

12:00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo, Míriam Louzao, acompañada da xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, e a presidenta da Asociación Hostalaría Compostela, Sara Santos, para presentar a XV edición de Santiago(é)tapas.

12.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción ao alumnado participante no programa Erasmus co IES Lamas de Abade.

19:30 h
No CSC de Lavacolla, a concelleira de Relacións Veciñais e Rural, Pilar Lueiro, asiste á II xuntanza Sabugueira Saudable.

CINEUROPA 37
Toda a información en cineuropa.gal

TALENTIA SUMMIT’23
Toda a información en talentiasummit.com

Compartir: