Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 14 de novembro

10:30 h
No CSC Maruxa e Coralia, o concelleiro de Centros Socioculturais, Xan Duro, e María Xosé Rego, da Asociación ANEDIA, presentan o libro "Os Bolechas. Amigas e amigos con diabetes", con motivo da doazón de exemplares para a rede da bibliotecas dos CSCs.

11:30 h
Na Casa do Cabido, a alcaldesa de Santiago e presidenta do Consorcio de Santiago, asiste á inauguración da exposición ’Santiago proxectado, arquitecturas non construídas’, comisariada por Fernando Franjo e Ana Paula Castro.

12:15 h
Na Praza do Toural, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, María Rozas, visitan a carpa informativa da Asociación Compostelana de Diabetes (ACD) con motivo do Día Mundial da Diabetes.

16:30 h
No Edificio Cersia Empresa, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participa na xornada inaugural do Foro ACEM de Enfermidades neurodexenerativas

19:30
En Cinemar Fims (rúa Palmeiras, 68A Polígono Novo Milladoiro – Ames), a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, asiste á entrega do II Premio de Honra Dolores Ben organizado pola AGAPI (Asociación Galega de Produtoras Independentes).

CINEUROPA 37
Toda a información en cineuropa.gal

TALENTIA SUMMIT’23
Toda a información en talentiasummit.com

Compartir: