Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 13 de novembro

10:00 h
No Palacio de Congresos, a concelleira de Promoción Económica, María Rozas, visita a Feira presencial de Talentia Summit'23

11.00 h
No Aeroclub de Santiago (Xeneral Pardiñas, 34), a concelleira de Deportes, Pilar Luiero asiste á presentación do Xacobeo de Ximnasia Rítmica que terá lugar o 18 e 19 de novembro Multiúsos Fontes do Sar.

11:30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno local.

17:30 h
No centro CABES- Casa de Asociacións de Benestar Social (Rúa Manuel María, nº 6 – Salgueiriños), a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participa no "I Foro da Accesibilidade" organizado polo Concello de Santiago.

19:30 h
No Salón de actos do Colexio da Avogacía de Santiago de Compostela, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participa no acto de apertura das XVI Xornadas XUSTIZA E LINGUA, reflexións para a normalización, organizas polo Colexio de Avogacía de Santiago

CINEUROPA 37
Toda a información en cineuropa.gal

TALENTIA SUMMIT’23
Toda a información en talentiasummit.com

Compartir: