Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 10 de novembro

10:00 h
No auditorio do CGAC, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e a concelleira de Promoción Económica, María Rozas, interveñen no foro inaugural do Talentia Summit´23 que desenvolverá as súas actividades presenciais no Palacio de Congresos e Exposicións.

11:45 h
No Edificio Fontán da Cidade da Cultura, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, intervén no acto de entrega dos VII Premios Spin-off Puntogal. Ás 11:55 horas realizarase unha foto de familia con todas as persoas premiadas.

13:00
No Salón Vermello do Pazo de Raxoi, recepción ás persoas participantes na Asemblea da Federación de Clubes de Prensa de Europa (EPCF).

16.00 horas
No Auditorio de Galicia, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, asiste á inauguración das Xornadas de Ilustración Urbana, que se desenvolven o 10 e o 11 de novembro na Sala Mozart. No programa do venres, conferencias das/os artistas Marion Rivolier, Federico Granell e Paulo J. Mendes. Ademais, durante as xornadas, Iria Prol realizará en directo un mural de 2x2 metros.

CINEUROPA 37
Toda a información en cineuropa.gal

Compartir: