Previsións informativas para o venres 22 de marzo
11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, para presentar a X edición do Circuíto de Carreiras Saudables de Santiago CorreSan 2024. Na rolda tamén estarán Iván Pablo Sanmartín Carreira, presidente da Federación Galega de Atletismo; Javier Nicolás Blanco, xerente do Centro Comercial As Cancelas; Miguel Anxo Nogueira; representante do Club Atletismo Noitebra; e Juan Pablo Fernández Rodrigues, presidente do Club Atletismo Santiago.
12.30 h
No ambigú do Teatro Principal, café-faladoiro ‘O territorio como conflito’ do Festival Alguén que respira!. Con Cateano Díaz e Daniel González Palau.
19.30 h
No Salón Nobre, recepción ás persoas participantes na Asamblea Xeral da Asociación Española de Protocolo.
20.00 h
No Teatro Principal, a primeira sesión da sección 'A palabra percórreme a pel como beliscos de lume’ do Festival Alguén que respira! reúne as intervencións de Karima Zial, Mohamad, Hekim Sefkán, Samuel Merino, Hasmik Simonian, Nigar Arif, Zahara El Hasnaui, Tal Nitzan e Isabel Martín.
20.00 h
No Salón Teatro, proxeccións da sección Trazas da 19ª edición da MICE. En pantalla, Rocío, de Fernando Ruiz Vergara, e Andalucía 28 F, de Nonio Parejo.