Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 4 de marzo

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Mocidade, Noa Díaz, para presentar a exposición fotográfica "Desenfoque climático, o cambio a través dos elementos naturais". Na rolda estará o coordinador, Arturo Aceituno.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, Noa Díaz, para presentar a VI Feira de Minerais que se celebrará en Área Central. Na rolda tamén estarán Alejandro Rodríguez, organizador do evento, e Sara Castedo, adxunta á xerencia de Area Central.

11.30 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese cunha representación da veciñanza de San Ignacio de Loyola.

17.00 h
No Museo do Pobo Galego, a concelleira de Urbanismo, Vivenda, Cidade Histórica e Acción Cultural, Mercedes Rosón, asiste á reunión do Consello de Goberno do Museo do Pobo Galego.

19.30 h
Na Fundación Gonzalo Torrente Ballester, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participa na presentación do libro "La ciudad de Santiago de Compostela según los hermanos Juan y Pedro Fernández de Boán", editado polo Consorcio de Santiago. No acto tamén estarán Miguel Taín, autor da publicación; Belén Hernández, xerente do Consorcio de Santiago; Juan Conde, responsable de Publicacións do Consorcio; e José Luis Teófilo, director de Teófilo Comunicación.

Compartir: