Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 12 de marzo

9.00 h
No Palacio de Congresos e Exposicións de Sevilla, a concelleira de Educación, Noa Díaz, asiste ao "XIV Encontro Estatal da Rede de Cidades Educadoras (RECE)", da que forma parte Santiago de Compostela.

10.15 h
Na Cidade da Cultura (edificio CINC), o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participa no acto de apertura do Foro Empresarial 2020 de AJE Galicia.

12.00 h
Na Casa do Concello, recepción ao alumnado do IES Pontepedriña.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, para presentar o avance da III Festa do Banquete.

20.30 h
No Salón Teatro, a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, asiste á representación da obra "O premio", da compañía La Quintana Teatro, en coprodución co Centro Dramático Galego.

Artellando feminismo
IV MUFEST. Festival de Cine feito por Mulleres
Teatro Principal
18.00 h Proxección de curtas da Selección Oficial
19.45 h Proxección do documental "Hijas de Cynisca", de Beatriz Carretero.

Compartir: